Como se pode comprobar na vida cotiá galega, a Alta Velocidade non resolve todos os problemas de mobilidade en Galicia.
Como en toda España, a mobilidade dentro de cada rexión debe ser pensada como un sistema de trens rexionais, media distancia e cercanias, con fiabilidade, cobertura territorial, facilidade de acceso e frecuencia en horarios habituais.
Así, para Galicia propoñemos unha serie de intervencións na rede ferroviaria:
Algunhas variantes, novas conexións, modernización dalgunhas liñas aínda por electrificar. Moi importante é o cruce diametral das metrópoles de Vigo e A Coruña. Estacións pasantes en lugar de estacións terminais. Coa consolidación da rede ferroviaria na Galicia, ademais de definir os servizos de larga distancia para toda España (e Portugal), é fundamental a creación dunha empresa autónoma: RexioGAL, Trens Rexionais de Galicia.
E nas áreas metropolitanas de Vigo e A Coruña, implantar o retorno de Tranvias e outras solucións de mobilidade urbana e metropolitana de alta e media capacidade e frecuencia: